Skip to main content
Becerreá

A Deputación colaborou con seis exemplares na Poxa de Xovencas de Raza Rubia de Becerreá

Por 20 Abril, 2022Sin comentarios

O Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, xunto ao presidente da Asociación de Criadores de Gando Vacún (ACRUGA), César Dorado Pin, e outras autoridades, participou este sábado na Poxa de Xovencas de Raza Rubia de Becerreá celebrada no Recinto Ferial da localidade. A Granxa Gayoso Castro da Deputación de Lugo presentou 6 exemplares de raza autóctona a este certame, que se recupera tras o aprazamento provocado pola crise sanitaria.

Becerreá recupera esta cita na que as seis xovencas preñadas do centro de recría da institución provincial tiveron un prezo de saída de 1.950 euros e que, de media, chegaron a venderse por uns 2.160 euros.

A Deputación de Lugo mantén unha estreita colaboración con ACRUGA, á que achega 1,4 millóns de euros entre 2014 e 2022 con dúas liñas de axuda. Por unha banda, con estas achegas realízanse axudas directas a explotacións lucenses polo primeiro parto das femias reprodutoras inscritas no rexistro xenealóxico; e por outra banda, a institución provincial mantén unha colaboración directa con ACRUGA para a recría e mellora xenética dos animais nas instalacións da Granxa Gayoso Castro.