Skip to main content
O Corgo

A Asociación de veciños Os Cinco Ríos no Corgo promove un curso de iniciación á cerámica

Por 19 Abril, 2022Sin comentarios

A Asociación de veciños Os Cinco Ríos no Corgo promove un curso de iniciación á cerámica. Esta actividade realizarase nos meses de maio e xuño os sábados de 19.00 horas a 21.00 no centro sociocultural do Corgo.

As prazas son limitadas, cubrindo un máximo de 10 persoas. Para realizar a inscrición será preciso poñerse en contacto coa asociación a través dos números de teléfono 648 063 894 ou 676 923 214. O prezo da actividade será de 25 euros ao mes tanto parra socios como non socios.

Os participantes familiarizaranse co material e as distintas técnicas para traballalo. Durante o curso, realizaranse unha serie de pezas sinxelas que motivarán a creatividade de cada alumno.

OS CINCO RÍOS
Os cinco ríos é unha asociación de veciños a nivel municipal integrada por todas as parroquias do Corgo. Púxose en marcha co fin de impulsar distintas propostas, promover actividades e fomentar calquera movemento de interese para os veciños.