Skip to main content
Axenda Caducada

Sole Felloza achegará a actividade Vendimando Versos á Fonsagrada

Por 14 Abril, 2022Maio 17th, 2022Sin comentarios

O Festival das Letras Galegas de Antaruxas e Sorteiros que se celebra na Fonsagrada o 17 de maio contará coa presenza de Sole Felloza coa actividade Vendimando Versos.

Vendimando versos” é un espectáculo de versos e crónicas ao redor da obra de Florencio Delgado Gurriarán, escritor homenaxeado das Letras Galegas 2022. Unha viaxe dende o Barco de Valdeorras a México. Unha historia de amor pola terra, a lingua e os costumes e tradicións da súa xente.

O Concello da Fonsagrada organiza esta actividade ao abeiro da programación de Dinamización da Lectura “Ler Conta Moito” da Xunta de Galicia e terá lugar no salón de actos municipal dos Chaos ás 19.00 horas. É para todos os públicos e terá unha duración de 55 minutos.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

É unha celebración instituída no 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria no idioma galego ou pola súa defensa en dita lingua. Cada ano dedícase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se esixen ao menos dez anos desde o seu falecemento.

A data de celebración deste evento, o 17 de maio, débese a que en tal día coma ese, en 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares gallegos de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do Rexurdimento o renacemento cultural de Galicia.