Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol conta cun novo negocio no seu municipio

Por 12 Abril, 2022Sin comentarios

Dende hoxe o Concello de Friol conta cun novo negocio no seu municipio, un supermercado Vegalsa – Eroski que está situado na avenida Deputación.

Este novo negocio “conleva un esforzo extra, moito traballo e sacrificio para intentar sair adiante”, dixo o rexedor frfriolense, José Ángel Santos.

“Empezar un novo negocio nestes momentos e un dos sacrificios mais duros e complicados que se poden atopar na vida”, engadiu mentres cortaba a tradicional cinta inaugural, “ademais á fronte atópase unha rapaza moza do municipio”.

“Agradecer a cadea de supermercados que apostara por Friol para implantar este novo e ambicioso proxecto”, dixo Santos. Así o Concello de Friol contará cun novo establecemento máis que se se establece no municipio pois recentemente unha familia local de empresarios asociouse coa empresa El Sabio, unha cadea de ferreterías e produtos relacionados coa agricultura, gandaría e sector forestal.

Así mesmo, o grupo Envaco a través da plataforma Ruralsell proxectou en novembro do 2021 a implantación das súas futuras instalacións de loxística para este ano no Polígono Industrial de Friol.