Skip to main content
Lugo

A Federación de Veciños de Lugo solicita un selo conmemorativo da Ponte da Chanca a Correos

Por 1 Abril, 2022Sin comentarios

A comisión Executiva da Federación de Asociacións de Veciños da provincia de Lugo, un dos maiores entes veciñais de España, que agrupa a día de hoxe ao redor de 300 asociacións da provincia de Lugo e xestiona diversas plataformas reivindicativas, está a loitar por conseguir un selo de Correos que conmemore o Viaduto “Ponte da Chanca”.

Para esta labor, ven de enviar unha carta ao presidente de Correos José Manuel Serrano Quintana onde se expón a Ponte da Chanca.

Este ano, coincide co ecuador dos 150 anos de construción desta infraestrutura (1871-1874). Esta obra está considerada como unha mostra notable da Enxeñería da época na liña Noroeste e recoñecida como a terceira infraestrutura ferroviaria de España. Foron autor do proxecto D. Antonio Mesa Arroquia e Enxeñeiro de obra D. Ángel García do Hoyo pertencente ao grupo de Camiños, Canles e Portos.

O pasado 7 de decembro de 2021 a ONCE emitiu o boleto conmemorativo desta ponte.