Skip to main content
Lugo

Novo curso de manexo de carretillas elevadoras para a mocidade lucense

Por 2 Abril, 2022Sin comentarios

A concellería de Xuventude, abre o prazo de inscrición para que a mocidade lucense, entre 18 e 35 anos, se inscriba no curso de manexo de carretillas elevadoras.

A duración da formación, de carácter gratuíto, será de 8 horas (3 horas teóricas e 5 prácticas), e desenvolverase do 23 ao 28 de abril. Impartirase de xeito presencial no Polígono do Ceao.

O programa abre a posibilidade de formación para medio centenar de mozos e mozas da cidade. É unha acción cun enfoque formativo que se adecúa ás necesidades reais nalgúns sectores, como o agroalimentario e de servizos, onde se detecta unha forte demanda de profesionais.

A actividade enmárcase no programa ‘+Xti’, subvencionado nun 70% polo Plan de Prevención de Drogas e outras adiccións. A inscrición debe realizarse do 4 ao 8 de abril, a través da web lugomasxti.org. Os interesados deberán indicar en dita web a súa prioridade por asistir ao grupo A ou B.

HORARIO PARTE TEÓRICA

  • Grupo A: 23 de abril, das 08.00 as 11.00
  • Grupo B: 23 de abril, das 11.00 as 14.00

HORARIO PARTE PRÁCTICA

  • Grupo A:
    • 25 de abril, das 16.00 as 21.00 h (12 participantes)
    • 26 de abril, das 16.00 as 21.00 h (13 participantes)
  • Grupo B:
    • 27 de abril, das 16.00 as 21.00 h (12 participantes)
    • 28 de abril, das 16.00 as 21.00 h (13 participantes)