Skip to main content
Lugo

Berto ofrecerá un concerto o mércores 6 de abril na Praza de Santa María

Por 5 Abril, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

O artista pontevedrés Alberto Mira, Berto, abre este mércores o ciclo Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Lugo, coa presentación do seu último disco, un traballo de carácter autobiográfico que leva por título ‘Viaxe ao espazo interior’. A entrada ao concerto é libre e de balde para todas as persoas interesadas.

O concerto de Berto, que actuará xunto coa banda completa a partir das 21.00 horas na luguesa Praza de Santa María, servirá asemade para dar a coñecer ao público presente as distintas actividades culturais programadas ao longo do mes de abril. En caso de choiva, a actuación trasladaríase ao auditorio municipal Gustavo Freire.

O artista, nado en Pontevedra, revolucionou o panorama musical galego xunto ao seu compañeiro Fer co grupo Verto. Agora, emprende novos proxectos cun disco en solitario que fala da saúde mental.