Skip to main content
Lugo

Comezan os traballos de peonalización na Rúa Rafael de Vega en Lugo

Por 5 Abril, 2022Sin comentarios

Comezan os traballos de peonalización da rúa Rafael de Vega en Lugo. O tenente alcalde Rubén Arroxo afirmou “trátase dunha zona da cidade que conta con moita poboación e que ata o de agora non tiña zonas adicadas ao uso e desfrute da veciñanza”, que engadiu “desde o Goberno de Lugo seguimos traballando en crear zonas para a veciñanza, como as xa feitas no Sagrado Corazón e en Río Sil, ou as que se están a planificar nos distintos barrios”.

O tenente alcalde afirmou que “o obxectivo é ter un Lugo humanizado que permita á veciñanza desfrutar do espazo público”, e engadiu “con esta humanización conseguiremos un espazo de lecer necesario para a veciñanza ao mesmo tempo que se continuará a traballar na redución de tráfico rodado en toda a cidade”.

O proxecto da nova zona peonil foi elaborado pola área de Mobilidade e Infraestruturas mantendo xuntanzas coas veciñas e veciños da zona, contando co seu apoio e tendo en conta as súas necesidades para transformar esta rúa.

O Goberno de Lugo adxudicou os traballos a Construcciones Sanle Lugo, que presentou unha oferta por valor de 221.427€ e un prazo de execución de 6 meses.