Skip to main content
Castro de Rei TERRACHÁXALugo

A Deputación presentou 5 exemplares na Poxa de Xovencas de Raza Rubia de Pedrafita do Cebreiro

Por 6 Abril, 2022Sin comentarios

Este martes tivo lugar en Pedrafita do Cebreiro a Poxa de Xovencas de Raza Rubia no Recinto Feiral da localidade onde participaron o deputado de recursos sostibles, Roberto Fernández Rico, e o de cooperación e asistencia aos Concellos, Xosé María Arias, xunto ao Alcalde de Pedrafita do Cebreiro e Deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo, o presidente da Asociación de Criadores de Gando Vacún (ACRUGA), César Dorado Pin, e outras autoridades.

A Granxa Gayoso Castro da Deputación de Lugo presentou cinco exemplares de raza autóctona a este certame cun prezo de saída de 1.950 euros e que, de media, chegaron a venderse por uns 2.600 euros.

A Deputación de Lugo mantén unha estreita colaboración con ACRUGA, á que achega 1,4 millóns de euros entre 2014 e 2022 con dúas liñas de axuda. Por unha banda, con estas achegas realízanse axudas directas a explotacións lucenses polo primeiro parto das femias reprodutoras inscritas no rexistro xenealóxico; e por outra banda, a institución provincial mantén unha colaboración directa con ACRUGA para a recría e mellora xenética dos animais nas instalacións da Granxa Gayoso Castro.