Skip to main content
Lugo

O Museo de Lugo acolleu a presentación da novela de Aquilino González Álvarez

Por 6 Abril, 2022Abril 7th, 2022Sin comentarios

O Museo de Lugo acolleu na tarde de onte a presentación da novela “Bajo la sombra de una gumía. 1921. De Lugo al Monte Arruit” de Aquilino González Álvarez.

O autor, recoñecido tamén pola súa labor á fronte de Auxilia, autoeditou a obra, unha ficción coa que trata de “recuperar a memoria” de Faustino Paz Gil, soldado lucense que combateu co exército español no Rif en 1921.

A obra é unha narración dun rapaz lucense chamado a filas do que tivo noticias o autor a través dun escrito por parte do Exército á irmá para darlle conta de que podía cobrar unha pensión polo seu falecemento, non se sabe máis de Faustino, chamado na obra Fermín.

Ao acto acudiron o exalcalde de Lugo José Luís López Orozco e a presidenta da vicepresidencia da Deputación, Maite Ferreiro.

AUXILIA
Auxilia Lugo cumpre 50 anos de vida da asociación. Medio século de traballo por mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional e revindicando a transformación social.