Skip to main content
Lugo

Lugo Monumental prepara un calendario de actividades que dinamice o centro histórico de Lugo

Por 11 Abril, 2022Sin comentarios

Despois da celebración da asemblea de Lugo Monumental, a asociación prepara unha serie de actividades que encherán de vida e dinamizarán as rúas da cidade a través de propostas diversas para todas as idades e gustos.

Ademais, nesta asemblea modificaron a composición da directiva, xa que despois do falecemento de José Romay Piñeiro, a súa familia decidiu non continuar coa actividade, abandonando José Luís Romay López a directiva.

Desta forma a directiva quedaría con Luis Latorre Real como presidente, Susana Barro Parga como secretaria, Diego Rodríguez Rodríguez é o tesoreiro, Alberto López García, Antonia M. Iglesias Martínez, Andrea Martínez Riveiro, Ana Cela Díaz, Ana María Lozano Burgo e Ramón Manuel Cabarcos Rodríguez como vogais.

A programación pensada para este ano pretende recuperar o impulso perdido por mor da Pandemia de Covid-19. Tras estes dous anos de actividade intermitente, moi limitada polas medidas sanitarias e a protección dos asociados e o público en xeral, parece razoable tentar volver levar a cabo accións de dinamización da zona e de impulso económico do recinto amurallado.

Para iso elaborouse un ambicioso calendario de actividades, e as súas datas previstas en caso de poder fixalas nese momento.

Os locais interesados volverán a recuperar os concertos nas rúas do centro histórico axudando a dinamizar a hostalería.

O SECAL do 20 ao 26 de Xuño, esta iniciativa naceu no ano 1995 cando se realizou unha Semana de Exaltación da Cultura e a arte de Lugo que se pretendía repetir en 2020. Lamentablemente as circunstancias sanitarias non o permitiron así que levará a cabo este ano 2022. A iniciativa consiste en apoiar aos artistas locais convertendo os espazos das empresas asociadas en salas de exposicións para ofrecerllas de forma gratuíta aos creadores. Esta semana será dedicada a Paco Pestana, recentemente falecido, como homenaxe á súa irrepetible figura e lembrando que el foi o pregoeiro da Semana orixinal do ano 95.

Fogata de San Xoán o 23 de xuño. Tentarase, un ano máis, lograr o permiso para realizar unha fogueira no centro histórico. No caso de que non se permita acender un lume, propoñerase unha fogueira virtual proxectando as chamas nalgún lugar significativo do centro histórico, completando a festa con música en directo.

O Milagre de San Vicente será o 29 de xullo. Grazas ao compromiso da empresa Viliga, que un ano máis achegará o viño, mantense a data e a forma de proceder de edicións anteriores. Tamén se fará entrega neste acto dos premios da Asociación.

A Feira do sector lácteo será o 17-18 ou 24-25 de Setembro. Trátase de organizar un evento en apoio do sector lácteo, reivindicando a súa importancia para a cidade de Lugo e o orgullo de sector primario da provincia. Convidarase a produtores e tamén a empresa que elaboren produtos derivados (queixos, xeados…) para participar. Tamén se contactará coa aula de Produtos Lácteos e outras entidades relacionadas co sector.

Do 7 ao 9 de outubro será o Salón de vodas. A proposta de empresas do sector, realizarase un evento deste tipo con empresa lucenses.

O Samaín será o 31 de Outubro. Dado o enorme éxito desta iniciativa en anos anteriores (o ano 2021, de feito, superáronse todas as previsións) repetirase o Truco ou Trato nos locais asociados para dinamizar o centro.

Torneo de xogos de mesa (12-13 ou 19-20 de Novembro). A iniciativa do Faro dos Tres Mundos a asociación estudará a organización dun torneo sobre diferentes xogos de mesa.

Mercado de Nadal (Ponte de Decembro). Un ano máis, e a pesar da gran dificultade de levar a cabo esta iniciativa pola carencia de espazos apropiados, tentarase levar adiante esta iniciativa.

Por último, buscaranse docentes para cursos moi prácticos para os asociados, que irán desde paquetería e envoltorio de agasallos ata atención ao público ou escaparatismo.

Tamén levarán a cabo outras iniciativas de difusión dixital de asociados e da propia cidade, así como as accións que, como pasou cada ano, poidan ir xurdindo.

Con isto búscase volver a unha senda de normalización da vida da asociación e retomar o contacto coa sociedade.