Skip to main content
Lugo

Da comezo o curso de cultivo de cogomelos da man da Sociedade Micolóxica Lucus

Por 11 Abril, 2022Sin comentarios

O pasado sábado 9 de abril o Salón multiusos da Casa das Asociacións, no parque da Milagrosa en Lugo acolleu o “Curso de cultivo de cogomelos”.

En total participaron 30 participantes que obtiveron da man de persoal experto da empresa “Mycogalicia Plantae” unha xornada formativa sobre os cogomelos. O curso comenzou cunha parte de introdución teórica para logo realizar unha demostración de inoculación e cultivo de cogomelos en tronco e en bolsas con substrato de palla que os participantes puideron levar logo para a súa casa para continuar o proceso de cultivo.

A Sociedade Micolóxica Lucus fundouse o 20 de xuño de 2001 pola iniciativa dun grupo de afeccionados á micoloxía, cumpríndose ao fin un anhelo que tiñan moitos afeccionados en Lugo capital desde facía anos: unha asociación que canalizase todas as súas inquietudes no ámbito da micoloxía.

Desde a súa creación, a Sociedade Micolóxica Lucus tivo como obxectivos principais o estudo, promoción e divulgación da micoloxía así como a divulgación, coñecemento e defensa da natureza e do medio natural. Para iso prográmase cada ano un extenso calendario de actividades.