Skip to main content
Lugo

Da comezo a Copa do Rei Xuvenil no Anxo Carro de Lugo

Por 13 Abril, 2022Abril 14th, 2022Sin comentarios

A casa do Concello recibiu no día de onte a representantes da Federación Española e Galega de Fútbol para darlles unha cálida benvida á cidade con motivo da celebración da Copa do Rei Xuvenil, que se disputará no Anxo Carro, dende hoxe día 13 de abril ata o vindeiro 16.

O Concello de Lugo colabora nesta competición, co fin de potenciar todas as modalidades deportivas, especialmente entre a mocidade para inculcarlles hábitos de vida saudable. Pero tamén, é unha maneira de atraer ao municipio competicións que sitúen á cidade no panorama nacional para que o deporte sexa tamén un revulsivo social e económico. Lugo quere ser sede de campionatos outra vez, agora que comeza pouco a pouco a recuperarse a normalidade tras o parón da pandemia.

Ao encontro no Concello asistiron o presidente do CD Lugo, Tino Saqués; Michel Martínez, coordinador das categorías inferiores do RC Celta de Vigo; Sergio Ferreiro, delegado de equipo do Real Betis e Efrén Castro, Deputado Provincial de Deportes.

O Campionato de España Xuvenil – Copa da súa Maxestade o Rei, tamén coñecida como Copa do Rei Xuvenil, é un torneo de fútbol xuvenil de España, de ámbito estatal, organizado pola Real Federación Española de Fútbol.

Real Betis-Real Madrid e RCD Espanyol-Real Celta de Vigo serán as semifinais do torneo, que se disputará no Anxo Carro, co CD Lugo como anfitrión.