Skip to main content
Lugo

68.244 Euros para a mellora da rúa do Arco e o Camiño de Sisulles no Ceao

Por 14 Abril, 2022Sin comentarios

O concelleiro de infraestruturas urbanas, Alexandre Penas, anunciou que o goberno de Lugo iniciou o procedemento para renovar a rúa do Arco e o Camiño de Sisulles, no Ceao. Penas explicou que “son dúas rúas moi utilizadas polas traballadoras e traballadores desta zona do polígono do Ceao, que se atopan nun estado moi avanzado de desgaste”, e engadiu, “desde o Goberno de Lugo continuamos a traballar en garantir a mellor calidade nas instalacións públicas das zonas industriais de Lugo”.

Na actualidade, o firme destas rúas atópase nun estado de desgaste avanzado, o que fai necesario repavimentar para garantir a correcta funcionalidade da vía. Os traballos a executar consistirán na limpeza da vía, que continuará co bacheo superficial da banda de rodadura actual, e instalarase unha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, cun espesor medio de 5cm, que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, o que asegurará que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, adaptaranse os rexistros á nova cota da vía e renovarase a sinalización horizontal.

A actuación saíu a licitación por un orzamento máximo de 68.277,56 euros, e un prazo de execución de 3 semanas. As empresas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro xoves 27.