Skip to main content
Lugo

O auditorio municipal Gustavo Freire acolle hoxe a obra ‘Sopa de piedras’

Por 17 Abril, 2022Sin comentarios

O auditorio municipal Gustavo Freire acolle hoxe a obra Sopa de piedras, unha mostra de teatro familiar que está recomendada para o público infantil maior de 4 anos. Comezará ás 18.30 horas.

Esta obra foi premiada co Premio Xarxa Alcover na mostra D’igualada 2021, foi finalista nos premios butaca 2021 como mellor espectáculo familiar. Ademais, é un espectáculo recomendado por Sarea 2021.

A obra está dirixida por Mireia Fernández e conta coa actuación de Anna Farriol e Julia Santacana.

‘Sopa de Piedras’ fala de todas aquelas persoas que foxen da súa realidade en busca dunha oportunidade e chegan a un lugar onde encontran unha sociedade que non ve ou non quere ver máis aló dela mesma e é incapaz de ver ao recén chegado coma unha oportunidade e non coma unha ameaza. Falando desta sociedade, falamos de todos nós e daquelas pedras que atopamos na vida e que hai que converter en oportunidades e aprendizaxe. “SOPA DE PIEDRAS” é a historia de Alma, unha nena que ten que fuxir do seu país, porque un día ve como o ceo, en lugar de cometas, énchese de avións. Despois dunha longa viaxe, chega a un lugar descoñecido, onde aparentemente todo o mundo ten de todo, pero ninguén quere compartir nada con ela. Con enxeño e intelixencia fai unha sopa de pedras que transforma o individualismo de todo un pobo nun traballo en equipo e dá unha lección de vida a todos aqueles que inicialmente lle pecharan as portas.

A entrada terá un custe de 3 euros e pódese conseguir a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función. Tamén se poderá adquirir no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.