Skip to main content
Lugo

Lugo Monumental recupera a Semana de Exaltación da Cultura e a Arte en Lugo

Por 18 Abril, 2022Sin comentarios

No ano 1995 Lugo Monumental levou a cabo unha iniciativa consistente en realizar unha semana dedicada á cultura e arte locais, que nunca se volveu repetir. No ano 2020 planificouse a súa recuperación xa que se daba o 25 aniversario daquela primeira edición. Esta iniciativa viuse truncada debido á chegada da Covid 19.

Os locais do casco histórico cederán os espazos de maneira gratuíta para que os artistas locais poidan expoñer as súas obras durante esa semana, buscando unha colaboración entre todos para promover aos creadores lucenses.

Despois de consultalo coa familia, esta edición dedicarase ao inesquecible Paco Pestana, que foi o pregoeiro da Semana orixinal en 1995.

Esta iniciativa ten como fin dar a coñecer as iniciativas culturais e artísticas dos creadores locais de calquera disciplina, e promover aos establecementos colaboradores que desexen participar nesta iniciativa.

A integración e o coñecementos dos creadores no tecido empresarial do casco histórico e a cración de lazos entre ambos sectores.

Ata o 15 de maio Lugo Monumental tomará contacto cos diferentes axentes que poderían intervir. Inclúese a recepción de propostas e de ideas a desenvolver ou a inclusión nalgunha da liñas xa deseñadas.

A SECAL terá lugar do 20 ao 26 de xuño despois de que nos días previos se prepares os espazos e os materiais a expor.

Para calquera cuestión poden contactar coa asociación a través do correo electrónico asociacion@lugomonumental.es ou no número de whatsapp da Asociación 644 637 444.