Skip to main content
Lugo

Os rapaces da Avenida das Américas desfrutaron dunha merenda no parque remodelado

Por 19 Abril, 2022Sin comentarios

O Parque da Avenida das Américas loce renovado. O recinto reabría as súas portas completamente remodelado, logo dun investimento de 38.000 euros co que se procedeu á modernización desta dotación moi empregada pola veciñanza da contorna como zona de encontro e de lecer.

O traballo que se está desenvolvendo para mellorar os parques públicos da capital inflúe directamente na dotación dunha identidade propia e diferenciada, estudando e aplicando novos conceptos urbanísticos e paisaxísticos que redundarán, sen ningunha dúbida, nunha maior calidade de vida nos barrios.

Á rapazada, un dos colectivos que máis gozará destas instalacións puido desfrutar no día de onte dunha merenda saudable, que se distribuíu coa máximas garantías sanitarias, xa que a alimentación é tamén un piar estratéxico da sostibilidade, cando se trata do consumo de produtos de proximidade, e unha peza fundamental na dinamización económica do municipio e na proxección da gran calidade que ten a materia prima.

Esta é a primeira área de xogos infantís da cidade que conta cun pavimento destas características. O firme dos parques adoita ser de caucho liso ou de herba artificial, porén como novidade, nesta ocasión, optouse por instalar un firme colorido, con figuras e xogos impresos no propio pavimento que incrementarán as posibilidades de lecer das crianzas.

A actuación responde ás demandas que os residentes na zona lle trasladaron ao Concello.

Este novo pavimento de caucho é máis seguro e acolchado para comodidade dos nenos e nenas. Igualmente, executáronse traballos no conxunto do recinto que se levaron a cabo en tres fases nas que se abordou a reparación do firme e dos elementos de xogo existentes que tamén se lixaron e pintaron, se procedeu á reposición do valado perimetral de madeira, así como á instalación dun novo xogo para os máis pequenos, alén de humanizar a contorna reparando os bancos, incrementando o número de papeleiras e habilitando unha cancha de baloncesto ao carón do parque.