Skip to main content
Lugo

Publicadas as listaxes provisionais de admisión nas escolas infantís xestionadas polo Concello

Por 21 Abril, 2022Sin comentarios

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, informou que no día de hoxe se publicaron as listaxes provisionais de admisión nas escolas infantís xestionadas Concello de Lugo. Felipe Rivas informou que “agardamos que de cara ao vindiero curso continuemos a mellorar a situación sanitaria e poidamos recuperar a situación previa á pandemia”.

As listas poden consultarse durante os vindeiros 10 días hábiles nos taboleiros de anuncios das distintas escolas e do Concello de Lugo, ademais de nas oficinas da Concellería de Educación. O prazo para presentar alegacións estenderase até o 3 de maio, e a documentación requerida poderá presentarse mediante o rexistro electrónico do Concello de Lugo, o rexistro presencial solicitando cita previa ou calquera outro rexistro público