Skip to main content
Lugo

Comezan as actividades organizadas por ADEGA en colaboración coa USC e a UNED

Por 22 Abril, 2022Sin comentarios

Hoxe, venres 22 de abril, comezan as xornadas que ADEGA, en colaboración coa USC e a UNED de Lugo organiza nos campus universitarios. Unha semana de mesas redondas e conferencias coas que coñecer proxectos, asociacións e colectivos que promoven un estilo de vida sustentable, acorde coas necesidades de cambio hábitos que nos esixe a emerxencia climática; así como a protección da biodiversidade e da calidade ambiental.

Todas as actividades son de balde e dirixida a todo o público en xeral, especialmente ao estudantado universitario. Para participar nas actividades da UNED é preciso inscribirse a través da sede electrónica do centro.

As actividades darán comezo o venres 22 co Día da Terra no Heliporto do Pavillón Central na Facultade de Veterinaria. Continuarán o luns 25 de abril, un día no que as actividades xirarán en torno a soberanía alimentaria. Levaranse a cabo na aula 10 da EPS de Enxeñaría. O martes 26 de abril será o día da Fauna Silvestre na facultade de veterinaria. O mércores 27 de abril o tema principal será a gandería sustentable. O xoves 28 seá a quenda do chamamento para construír espazos saudables. Mentres que o venres 29 falarase do decrescimento, colapso e transición, onde se terá como eixo a enerxía.