Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Dez Portas organiza un torneo de tenis de mesa na casa do deporte de Lugo

Por 27 Abril, 2022Sin comentarios

A casa do deporte de Lugo acollerá o vindeiro día 17 de maio, alén das Letras Galegas, un torneo de tenis de mesa organizado polo Club Deportivo Dez Portas de Tenis de Mesa Lugo.

Este torneo, que chega a súa cuarta edición, dará comezo ás 10.00 horas e incluirá como novidade dúas competecións diferentes para xogadores federados e un torneo para afeccionados, para dar a oportunidade de participar a todos os que queiran.

A inscrición é de balde e estará aberta ata o mércores 11 de maio ás 21.00 horas e para formalizala haberá que mandar un correo electrónico dezportas@hotmail.com ou un WhatsApp ao número de teléfono 626 343 360.

A relación de xogadores inscritos publicarase na páxina web do Club, Facebook e Instagram e enviarase por correo aos clubs con xogadores inscritos, e enviaranse individualmente aos afeccionados. Cando as inscricións sexan definitivas, os grupos do torneo publicaranse en devanditos medios.

Esta proba deportiva contará con trofeos para os catro primeiros clasificados do Torneo Federado e medallas e agasallos para os 4 primeiros do Afeccionado .

DEZ PORTAS.

É o club de tenis de mesa máis lonxevo da cidade de Lugo, e entres os seus obxectivos atópanse os de dar a posibilidade á veciñanza de ter un Club de Tenis de Mesa federado, do que poder formar parte, e ampliar e mellorar así, a oferta deportiva.

Actualmente o club conta cun equipo en Segunda División Nacional Masculina, un segundo equipo en Terceira División Nacional Masculina e outro en Primeira División Galega, onde se reparten os máis de 40 xogadores e xogadoras do club. Ademais, o club conta con canteira e formación, dirigias todas as categorías e grupos, polos adestradores do Club.