Skip to main content
Lugo

Comisións Obreiras organiza unha charla informativa sobre seguridade e saúde nos centros de traballo

Por 27 Abril, 2022Sin comentarios

Con motivo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, este xoves 28 de Abril ás 12:00 horas Comisións Obreiras organiza unha charla informativa sobre seguridade e saúde nos centros de traballo.

Comisións Obreiras quere deixar claro que a prevención é a base para conseguir unha boa saúde laboral, e que a saúde laboral e a saúde pública deben ir da man, tal e como quedou patente nestes anos marcados pola pandemia de covid-19.

Están pendente de inclusión na listaxe de enfermidades profesionais o covid-19, as patoloxías de saúde mental derivadas da exposición aos riscos psicosociais.

Custa moito dixerir que se sigan a producir mortes accidentais por causas que facilmente se poden previr como caídas en altura, golpes, atrapamentos, etc…

Nesta charla intervirán:
– Teresa Rodríguez Chao, delegada no Concello de Lugo
– Marta López Fernández, secretaria de saúde laboral da unión comarcal de Comisións Obreiras de Lugo