Skip to main content
Lugo

A concellería de Benestar Social abriu as tres convocatorias para as subvencións municipais

Por 27 Abril, 2022Sin comentarios

A concellería de Benestar Social, trasladou hoxe á Xunta de Goberno a apertura de tres convocatorias públicas para concorrer a subvencións municipais.

Esta área habilitará unha partida de 38.000 euros destinada a financiar os proxectos de ONG’s e asociacións sen ánimo de lucro e outra de 19.000 euros para o mantemento e uso do taxi adaptado.

Esta mañá foron validadas as bases xerais que permitirán ás entidades sociais da cidade solicitar unha achega da Administración local para sufragar tanto as actividades que realizan como a conservación das instalacións nas que as levan a cabo, facilitando o traballo que realizan os colectivos, un complemento indispensable das prestacións públicas.

Por outra banda, tamén se anunciou nesta sesión, a aprobación das convocatorias de subvencións para o mantemento e o uso do taxi adaptado, dotadas con 14.000 e 5.000 euros, respectivamente. Neste último caso, a contía individual das axudas será de 800 euros ao ano e de 1.000 euros para as persoas empadroadas no rural.

Trala aprobación, este mércores, dos tres procedementos e a posterior publicación oficial do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e no Portal de Transparencia e Bo Goberno do Concello de Lugo, abrirase un prazo de 15 días hábiles para facilitar a concorrencia ás mesmas.