Skip to main content
Lugo

250 Lucenses poderán desfrutar do “Bautismo de escalada” no rocódromo de Lugo

Por 30 Abril, 2022Maio 1st, 2022Sin comentarios

A mocidade lucense ten a oportunidade de inscribirse no “Bautismo de escalada” unha actividade promovida polo Concello de Lugo.

O curso, ofertará un total de 250 prazas, e desenvolverase en seis sesións no Rocódromo de Lugo (Pazo de Feiras e Congresos), os sábados e domingos: 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de maio e 4, 5, 18, 19, 25 e 26 de xuño, en horario de 16.00 h a 21.00 h. É unha actividade pensada para aqueles que nunca escalaron, pero senten certa inquietude por probar esta disciplina deportiva coñecer de preto as sensacións que achega este deporte e empezar dunha forma segura e baixo a supervisión de profesionais.

A actividade dura 1 hora, é completamente gratis para os lucenses entre 14 e 40 anos. A mesma non require de ningún material especial, pois todo o necesario será entregado na propia xornada. A inscrición, debe realizarse a través da web lugomasxti.org, será por rigurosa orde e ata cubrir prazas. Terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Lugo.

Inscricións e fins de semana:

As inscricións ábrense o 2 de maio ás 9.00 horas e péchanse ás 19.00 horas do mércores previo ao fin de semana seleccionado:

  • Dende o 02 de maio ata o 11 de maio para o fin de semana do 14-15 de maio.
  • Dende o 02 de maio ata o 18 de maio para o fin de semana do 21-22 de maio.
  • Dende o 02 de maio ata o 25 de maio para o fin de semana do 28-29 de maio.
  • Dende o 02 de maio ata o 01 de xuño para o fin de semana do 04-05 de xuño.
  • Dende o 02 de maio ata o 15 de xuño para o fin de semana do 18-19 de xuño.
  • Dende o 02 de maio ata o 22 de xuño para o fin de semana do 25-26 de xuño.