Skip to main content
CervantesNavia de Suarna

A Deputación inviste 137.000 euros na mellora da LU-P-3505 que une Navia de Suarna con Cervantes

Por 18 Abril, 2022Abril 19th, 2022Sin comentarios

A Deputación de Lugo mellorará a estrada provincial LU-P-3505 que conecta a localidade de Navia de Suarna coa parroquia de Donís, no concello de Cervantes, cun investimento de preto de 137.000€. O proxecto inclúe a renovación de practicamente o conxunto da vía, actuando en preto de 26 quilómetros dos 28 totais.

Os traballos consistirán no acondicionamento e a repavimentación da vía e actuarase no treito comprendido entre os quilómetros 0,970 e o 26,654. O prazo de execución é de 3 meses.

A Xunta de Goberno provincial acaba de aprobar a adxudicación dos traballos á empresa Construcciones Leonardo Miguélez SL. Uns arranxos na vía que beneficiarán a numerosos veciños e veciñas da comarca da Montaña que utilizan a diario esta estrada.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, salienta a importancia desta actuación e recalca que “a mellora das comunicacións é unha prioridade para o Goberno”. Detalla, así mesmo, que “defendemos a mobilidade como un dereito básico dos veciños e veciñas da provincia porque cremos que unha boa rede de estradas é fundamental para o equilibrio territorial e para o desenvolvemento do rural, porque axuda a fixar poboación e a achegar os servizos”.

A institución provincial destina 17,3M€ dos seus orzamentos para o 2022 ás tarefas de mellora do firme, roza de maleza, conservación e mantemento da rede viaria provincial, a máis extensa de todo o Estado e tres veces maior ca da Xunta en Lugo.