Skip to main content
Negueira de Muñiz

Dan comezo en Negueira de Muñiz as ‘Xornadas de Desenvolvemento Rural.Ciencia na aldea’

Por 22 Abril, 2022Sin comentarios

Este venres comeza en Negueira de Muñiz a segunda edición das “Xornadas de Desenvolvemento Rural. Ciencia na aldea”, organizadas pola área de Medio Rural coa colaboración da Asociación Corripa.

Experiencias relacionadas coa conservación de especies e a custodia do territorio no ámbito estatal e galego centrarán as primeiras intervencións do encontro, que se celebrará no ecomuseo El País del Abeyeiro ata o domingo.

Así, nesta primeira xornada, que inaugurará a deputada Mónica Freire, afondarase na figura da custodia do territorio, recollida na lexislación ambiental e baseada en acordos entre entidades de conservación e propietarios de terreos públicos e privados, como ferramenta de conservación de hábitats, a través de iniciativas desenvolvidas pola Plataforma de Custodia do Territorio da Fundación Biodiversidad, a Fundación Oxígeno ou da Asociación Galega para a Custodia do Territorio.

Entre as intervencións, destaca a de Óscar Prada, actual coordinador da Plataforma de Custodia do Territorio da Fundación Biodiversidad, cunha ampla traxectoria no desenvolvemento de proxectos que integran a conservación do patrimonio natural e o desenvolvemento rural desde organizacións como Foro Asturias Sostenible ou a Fundación Félix Rodríguez de la Fuente.

Polas xornadas, que propoñen un achegamento ás potencialidades das paisaxes tradicionais, desde unha perspectiva científica, pasarán durante os vindeiros días especialistas en botánica, entomoloxía ou neurobioloxía, que afondarán no coeñcmento da variedade de especies animais e vexetais da montaña lucense, con exposicións teóricas e paseos guiados.

PROGRAMA

Venres 22 de Abril: Conservación de especies e custodia do Territorio

  • 17:00 Inauguración das Xornadas
  • 17:15 A Asociación Corripa.
  • 17:45 Mesa redonda: A Custodia do Territorio. Conservación e cooperación activa.
  • 19:15 Pausa Café
  • 19:30 Mesa redonda: Exemplos próximos para un futuro máis diverso. Conservación de morcegos mediante acordos de custodia
  • 21:30 Cea: Casa Sidrón – Pieiga (Negueira de Muñiz).
  • 23:00 Saída a campo con Óscar Rivas e Roberto Hermida.

Sábado 23 de Abril: Ciencia e Biodiversidade

  • 09:30: O ser humano na paisaxe
  • 10:15 Paseo guiado polo bosque de Penadanogueira
  • 11:45 Pausa Café
  • 12:00 Comunicar biodiversidade
  • 12:45 Insectos polinizadores, biodiversidade e conservación das nosas paisaxes tradicionais.
  • 13:30 Paseo Entomolóxico con Luis Óscar Aguado
  • 14:30 Xantar: Penadanogueira (Negueira de Muñiz)
  • 15:30 E ti, ¿Cómo o ves?
  • 16:15 A nidificación nos polinizadores
  • 17:00 Os insectos do Xardín: Paseo Entomolóxico con Félix Torres
  • 18:00 Pausa Café
  • 18:15 Mesa redonda: Divulgación e comunicación.
  • 20:00 Allande Stars: Historia e patrimonio baixo as estrelas21:30 Cea: Casa Sidrón – Pieiga (Negueira de Muñiz)
  • 23:00 Saída astronómica con Lucía González Cuesta
  • 00:00 Queimada popular

Domingo 24 de Abril: Un xardín de ciencia (Xornada de portas abertas)

  • 10:00 Café de benvida
  • 10:30 Presentación da Guía do Xardín de Polinizadores Fernando Fueyo
  • 11:30 Inauguración do Xardín de Polinizadores Fernando Fueyo
  • 12:30 Concerto Xuacu Amieva e Mini Rivas
  • 14:30 Xantar: Penadanogueira (Negueira de Muñiz)