Skip to main content
Negueira de Muñiz

Inaugurado o Xardín de Polinizadores Fernando Fueyo en Negueira de Muñiz

Por 25 Abril, 2022Sin comentarios

A inauguración do Xardín de Polinizadores Fernando Fueyo, un espazo creado pola Asociación Corripa na contorna do ecomuseo El País del Abeyeiro, en Negueira de Muñiz, puxo o final á segunda edición das Xornadas de Desenvolvemento Rural Ciencia na aldea, que se celebran desde o venres neste emprazamento.

Trátade duns 3500 metros cadrados de terreo dedicado á conservación, coñecemento e divulgación sobre os insectos polinizadores. Na inauguración, destapouse unha representación dunha mariposa de catro colas, unha especie característica de climas mediterráneos, ligada aos érbedos, que tamén habita esta zona polas súas singulares condicións climáticas.

Durante a maña, presentouse tamén a Guía do Xardín de Polinizadores Fernando Fueyo, que compila a información sobre este espazo científico e divulgativo.

Unhas 100 persoas asisiron ao longo da fin de semana aos relatorios, mesas redondas e visitas guiadas das Xornadas, que reuniron persoas expertas en educación ambiental, custodia do territorio, bioloxía, botánica ou comunicación.