Skip to main content
Palas de Rei

Palas de Rei conxela a taxa de lixo e mantén a bonificación de vehículos de tracción mecánica

Por 14 Abril, 2022Sin comentarios

O Concello de Palas de Rei conxela a taxa de lixo para a anualidade 2022. O goberno local palense, tamén está a aplicar bonificacións do 10% no recibo en virtude do acordo de compromiso de reciclaxe con Sogama.

Con esta e outras medidas no ámbito do reciclaxe, Palas de Rei seguirá a ter un dos recibos de lixo dos máis económicos de Galicia.

Ademais, tamén manterá a bonificación no imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM) ós tractores e apeiros agrícolas. A bonificación, que incluso chega a alcanzar o 100% na maioría dos casos, aplícase ós preto de 1.000 tractores agrícolas/forestais domiciliados no municipio. Esta medida, repercute moi positivamente no sector agropecuario palense, donde a maioria das explotacións contan con varios vehículos deste tipo, elo tradúcese, nun aforro para este sector de preto 80.000 euros.

O alcalde, Pablo Taboada, destacou a “importancia da medida, nun momento especialmente complicado, onde os custos están disparados”