Skip to main content
Portomarín

O concello de Portomarín organiza as actividades Brincamos Xuntos Pola Igualdade

Por 16 Abril, 2022Sin comentarios

O concello de Portomarín organiza as actividades Brincamos Xuntos Pola Igualdade. As actividades terán lugar no Pavillón municipal o próximo 18 de abril. A entrada será de balde e, os menores de idade deberán ir acompañados dunha persoa adulta.

Esta xornada terá como fin promover a igualdade. Dará comezo ás 17.00 horas e rematará sobre ás 20.00 horas.

Entre as actividades que se desenvolverán nesta cita atópase un obradoiro de chaveiros pola igualdade, unha entrega de globos a todos os participantes e inchables para os máis pequenos, promovendo así unha xornada de ocio e lecer para todas as idades.

Con este programa de actividades promóvese a igualdade de xénero implica que tódalas persoas, homes e mulleres, debe recibir os mesmos dereitos, beneficios, igualdade de oportunidades, mesmas sentencias e ser tratadas co mesmo respecto en tódolos aspectos da vida cotiá, traballo, saúde e educación.