Skip to main content
Portomarín

A Festa da Augardente nomeou aos novos Cabaleiros e Damas da Orden Serenísima da Alquitara

Por 18 Abril, 2022Abril 19th, 2022Sin comentarios

A celebración da 50 Festa da Augardente durante esta fin de semana en Portomarín, foi a data elixida para nomear aos novos Cabaleiros e Damas da Orden Serenísima da Alquitara. A cita, que se retomou este ano logo de dous anos de parón por mor da covid-19, é unha homenaxe aos aguardenteiros que durante décadas destilaron de modo tradicional este licor. Así, con motivo da cita, cuxo pregón correu a cargo da actriz Benedicta Sánchez, organizáronse diferentes actividades como actuacións musicais ou a cata do mellor augardente da localidade.

Entre as novas damas atópanse Fabiola García, conselleira de Cultura, Benedicta Sánchez, actriz, María José Gómez, alcaldesa de Guntín, Uxía Senlle, cantante e, María José Gómez avogada.

Tamén foron nomeados novos cabaleiros José Antonio Vázquez Taín, xuíz e Carlos Herrera Crusset, xornalista. Ámbolos dous non estiveron durante o nomeamento. Os que si que acudiron foton José Vázquez González, conselleiro de Medio Rural, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, o alcalde de Friol, José Ángel Santos, o presidente do Club Fluvial, Tito Valledor, o presidente da asociación Amigos do Camiño de Lugo, Ángel Trabada Gómez, o fundador de Discamino, Javier Pitillas Torra, o concelleiro da vila Enrique Vázquez Fómez, o exedil Manuel Vega Pin, o hostaleiro de Lugo José Manuel Cela Rodríguez e o cosecheiro de Guntín Javier Vázquez Prado.

Durante esta xornada tamén tivo lugar a carreira popular onde Alejandro Montero López, Adrián Castro Rodríguez e Marcos Rodríguez Díaz resultaron campións absolutos da carreira. A primeira muller en cruzar a liña de meta foi Jennifer Abad Fernández, seguida de Mónica Nieves Fernández e Ainara Rodríguez Ares.