Skip to main content
Portomarín

A publicación ‘Guía Mágica del Camino de Santiago’ será presentada en Portomarín o Día do Libro

Por 21 Abril, 2022Sin comentarios

A libraría Rosalía de Castro e Casa Cruz de Portomarín organizan a presentación da nova edición de “Guia mágica del Camino de Santiago”, do xornalista Francisco Contreras Gil. A cita será este sábado dia 23 de abril, ás 18:00 horas, coincido coa celebración do Día do Libro. Si as condicións climatolóxicas o permiten este acto, que conta coa colaboración do Concello, realizarase ao aire libre na Praza do Camiño, e se chove no salón de actos da casa sindical.

“Decidimos realizar esta presentación para dar a coñecer a última publicación do xornalista polifacetico, Francisco Contreras, un autor moi vencellado ao Camiño de Santiago e tamén á nosa vila de Portomarín, onde sempre ten un oco para visitarnos e desfrutar así da súa presencia. Polo tanto quedades todos e todas convidados a este acto para conmemorar ademais, o Día do Libro, unha ocasión excepcional para participar nunha xornada amena e chea de novas experiencias en torno ao Camiño que non deixarán a ninguén indiferente”, sinalan dende a organización.

Biografía dun reporteiro con alma e corazón
Francisco Contreras Gil (Madrid, 1972) estudou Biblioteconomía e Documentación na Universidade de Valencia. Xornalista e escritor de vocación e profesión .Reporteiro, alma e corazón —sempre mochila, cámara e caderno de campo preparados— leva tres décadas dedicada ao xornalismo de investigación especializado en historia, lendas e misterios, o chamado “xornalismo de misterio”. Viaxa pola xeografía romántica e lendaria co propósito de reivindicar que existe unha España descoñecida e diferente, a España Máxica.

A Guía Mágica del Camino de Santiago propón un Camiño diferente. Non só atoparás a información básica para embarcarte na aventura e redescubrir o pasado, senón tamén as claves e lugares para completar unha experiencia humana única e transformadora. Un caderno de campo formado por fitos dun Camiño que te levará a máis de douscentos lugares.