Skip to main content
Axenda LUGOXARibeira de Piquín

A segunda baixada de carrilanas de Ribeira de Piquín será os días 9 e 10 de xullo

Por 10 Abril, 2022Sin comentarios

A Asociación Carrilanas Os Meiregos organiza a segunda baixada de carrilanas no concello de Ribeira de Piquín. Esta cita terá lugar os días 9 e 10 de xullo.

O evento que consiste na proba e baixada polas estradas do municipio de vehículos de inercia.

A actividade está organizada pola Asociación de Carrilanas os Meiregos, un club formado por veciños e amigos de Meira e esta celebración ten o dobre obxectivo de reivindicar esta práctica e ao mesmo tempo traer turismo á zona e axudas aos negocios.

A provincia de Lugo xa conta con varias probas en diferentes concellos, como no de Meira, que chega a terceira proba, Abadín, que acollerá a XIX edición do seu famoso descenso, A Pontenova e Alfoz que serían as segundas edicións e Riotorto que anuncio recentemente a súa primeira edición.

CARRILANA
Unha carrilana é un vehículo de 3 ou 4 rodas para competicións de descenso por estrada sen ningún tipo de propulsión que chega a alcanzar velocidades superiores aos 130 km/h.