Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

Constituída a comisión mixta de seguimento da Unidade de Atención Temperá do Sur de Lugo

Por 24 Abril, 2022Abril 25th, 2022Sin comentarios

Constituíuse a comisión mixta de seguimento da Unidade de Atención Temperá. A xuntanza na que se reuniron todos os alcaldes ou representantes dos oito concellos que o integran, celebrada en Quiroga, informouse de como se está desenvolvendo este servizo. Na comisión tamén se decidiu que as reunión da comisión sexan periódicas anuais, aínda que se estea permanentemente en contacto cos servizos sociais dos concellos.

O que comezou sendo un centro para a atención dos nenos dos concellos da comarca de Quiroga é xa un referente na zona sur da provincia de Lugo e da servizo aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil, Folgoso do Courel, Bóveda, O Saviñao, Sober, A Pobra do Brollón e Pantón. A totalidade dos concellos do partido xudicial de Monforte, agás Monforte de Lemos.

En pouco máis dun ano, dende a súa posta en marcha en setembro do 2020 (cunha achega de 12.296 € da Xunta de Galicia), non só se triplicou o número de concellos que se adheriron a este servizo se non que conta cunhas novas instalacións -creadas especificamente para esta atención- e duplicou o seu cadro de persoal. Tamén se incrementaron considerablemente as achegas da Xunta de Galicia para este servizo que no 2021 foron de máis de 100.000 €.

Aínda que está centralizado en Quiroga, conta ademais cunha delegación no concello do Saviñao, para facilitar a atención dos menores reducindo o desprazamento dos usuarios desta zona.

Na Unidade de Atención Temperá, que serve para identificar, previr e actuar sobre os trastornos no desenvolvemento que poidan sufrir os nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade, contase con dous psicólogos, dous logopedas, un fisioterapeuta e un terapeuta ocupacional especializados en desenvolvemento infantil e atención temperá.

A atención neste servizo, – ao que poden acudir os nenos sen que teñan problemas definidos, se non para axudarlles a un desenvolvemento evolutivo adecuado-, é principalmente a través do servizo de pediatría, que fai o diagnóstico previo, en función do cal derivará a familia á unidade de atención temperá máis axeitada para o caso. Tamén os centros educativos ou as propias familias poden poñerse directamente en contacto con este servizo para que os informen de cal é o proceso a seguir.