Skip to main content
Chantada

A Ribeira Sacra organiza a súa primeira carreira Trail Heroica Sacra

Por 15 Abril, 2022Abril 16th, 2022Sin comentarios

A Ribeira Sacra organiza a súa primeira carreira Trail Heroica Sacra que terá lugar o domingo 26 de xuño con saída dende Chantada e chegada á Praia da Cova. Contará con diferentes modalidades para acadar unha maior afluencia de xente.

Os interesados poderán inscribirse na andaina de 11 km con dificultade media-alta, esta proba non será competitiva. A saída será ás 11.30 dende a localidade de Belesar. A organización disporá de transporte para trasladar aos participantes da proba dende a praza de Chantada ata Belesar. Esta proba terá 100 prazas.

Tamén se organiza o Trail Cadete que é de 11 km e terá saída ás 11.30 dende Belesar. Tamén contará con transporte dende Chantada e 100 prazas de inscrición.

O Trail individual 22 K serán 22 km, a saída será ás 9.00 dende a Praza de España de Chantada. Ademais, a organización disporá de transporte adecuado para retornar aos participantes dende A Praia da Cova ata Chantada unha vez rematada a carreira. Para esta modalidade disporanse 200 prazas.

Por último, o Trail 11 + 11 K con 22 km e será a modalidade de relevos. A zona de saída do primeiro relevo será na praza de Chantada e a do segundo relevo será na localidade de Belesar. A organización disporá de transporte adecuado para acercar a os participantes dende a praza de Chantada a zona de saída en Belesar, do mesmo xeito haberá transporte regular para retornar a os participantes dende a Praia de A Cova a praza de Chantada unha vez rematada a carreira. Para esta modalidade disporase de 200 prazas.

A recollida de dorsais para as probas poderá realizarase o mesmo día na praza de Chantada entre as 8.00 e as 9.30 horas.

As inscricións realizaranse a través da páxina ccnorte.com e estarán abertas ata o 22 de xuño. O custo da Trail individual 22K será de 22 euros, do trail por relevos 11 + 11 k 30 euros, andaina 12 euros e trail cadete 11 k será gratuíta.

PREMIOS
No Trail individual 22 K entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación xeral nas categorías masculina e feminina; ademais a os tres primeiros de cada categoría, atendendo as categorías propias da carreira.

No trail por relevos 11 + 11 k entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación xeral masculina, feminina e mixta.

No trail Cadete 11 k entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación nas categorías masculina e feminina.

Mentres que a andaina será de carácter non competitiva, e non haberá premios.