Skip to main content
Chantada

O Cuarteto Talea actuará no auditorio municipal de Chantada

Por 22 Abril, 2022Sin comentarios

Con motivo da celebración da Asemblea Xeral de socios de AFA Chantada, o auditorio municipal acollerá a actuación en concerto do Cuarteto Talea como amenización da clausura de dito evento.

Terá lugar hoxe día 22 de abril ás 20.00 horas, trala finalización da Asemblea Xeral.

A actuación consistirá na interpretación de tres pezas musicais, dúas obras de Bach e unha Brahms, a cargo do grupo de corda e piano “CUARTETO TALEA”, composto polas artistas Alba Conde Portela (violín), Laura Díaz-Garzón Dopico (viola), Alicia González Mayo (violoncello) e Azazel Fernández Prado (piano).

AFA Chantada
AFA Chantada é a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias na vila. Dende a Asociación promóvense actividades que manteñen a mente activa.

Tanto a mente, como o corpo, necesita facer exercicio para manter un rendemento perfecto. Son moitas as persoas que, coa xubilación, non saben en que dedicar o seu tempo, e deixan de ter a mente activa. Pero é moi importante que estas persoas, tanto co exercicio físico como mental, eviten o Deterioro Cognitivo Leve ou outras demencias