Skip to main content
Folgoso do Courel

Folgoso do Courel solicita á Deputación maior celeridade nas reparacións das estradas

Por 13 Abril, 2022Sin comentarios

O Concello de Folgoso do Courel pídelle celeridade á Deputación de Lugo para reparar as estradas da súa titularidade que se atopan en mal estado ao seu paso pola localidade, sobre todo ao verse incrementado o seu uso tras o derrubamento o pasado mes dun tramo da LU-651 que comunica Folgoso do Courel con Quiroga.

A alcaldesa, Lola Castro, mantivo unha reunión de traballo a pasada semana co presidente da institución provincial, José Tomé Roca, na que lle pediu “unha consideración especial” coas vías provincias atendendo ao mal estado que presentan e unha maior afluencia de tráfico nas últimas semanas, a consecuencia do incidente producido en Santa Eufemia.

O Goberno local agradece a receptividade de Tomé Roca, quen asegurou que se interesaría por esta petición, ao tempo que lle demandan a máxima axilidade.