Skip to main content
Folgoso do Courel

Froxán, no Courel acollerá o 1 de maio a Festa-demostración do aserrado de madeira

Por 25 Abril, 2022Abril 26th, 2022Sin comentarios

A Asociación Cultural Fonte do Milagro está a organizar para o próximo 1 de maio a Festa-demostración do Aserrado de madeira. Esta cita celébrase nas terras do Courel dende o ano 2000 polo que xa está consolidada na zona.

Ademais, ese día haberá polbo e churrasco para aqueles que queiran aproveitar o día de festa e comer na vila cos seus veciños, amigos e familia.

Esta cita pretende homenaxear este oficio tradicional. Fai 20 anos que se celebrou a primeira con catro antigos aserradores dos que a día de hoxe, tan só queda un, debido ao falecemento dos outros tres veciños que dedicaron a súa vida ao aserrado de madeira. Esta cita encargouse de demostrar o aserrado manual de troncos mediante técnicas tradicionais propias da zona do Courel. Para realizar esta labor empregaban a serra do aire e serra portuguesa.

A cita comezará ás 11.00 horas e estenderase ata ás 13.00 horas.