Skip to main content
Monforte

1.158 Persoas participaron la 12ª Carreira Popular de Monforte

Por 4 Abril, 2022Abril 5th, 2022Sin comentarios

O alcalde, José Tomé Roca, amosou a súa satisfacción tralo remate da 12ª edición da Carreira Popular de Monforte, porque “esta cita deportiva resultou todo un éxito, tanto polo número de inscritos como polo gran ambiente de público, encheu a zona de saída e meta, na Compañía. O bo tempo tamén contribuíu a que a cita se celebrara sen contratempos”.

Os atletas que participaron nas diferentes categorías da XII Carreira Popular Concello de Monforte foron 1.158 persoas, o cal significa que a pesares da pandemia, o interese pola proba monfortina segue ano a ano.

O alcalde subliñou que “seguimos recuperando eventos importantes dentro do noso calendario anual de actividades nunha volta á vida normal. É unha gran satisfacción que esta cita atlética resultara todo un éxito, tras dous anos de ausencia por mor da Covid”.

Na entrega de premios posterior a todas as probas disputadas, o alcalde estivo acompañado pola 1ª tenente de alcalde, Gloria Prada, o concelleiro de deportes, José Manuel Mougán, de obras, medio rural e servizos, José Luís Losada, o voceiro municipal do BNG Emilio Sánchez, e as concelleiras de cultura, Marina Doutón, muller e igualdade, Margarita López, e consumo, Regina López.

Gañadores e gañadoras
En categoría masculina absoluta, o gañador foi o ourensán Alejandro Fernández, mentres que na absoluta feminina, foi a deportista monfortina María Cedrón a gañadora.

Toda a información sobre a carreira pódese consultar en: https://monforte10k.com

Prebenxamín masculina:

  • Luca Rois Filomena
  • Sergio Álvarez Estrada
  • Alexandre Costa Vázquez

Benxamín masculina:

  • Mauro Figueiras Hermilla
  • Antón Liñares Vázquez
  • Manuel Quiroga Pérez

Alevín masculina:

  • Hugo Quiroga Fernández
  • Pelayo Juiz Camino
  • Brais Costa Rodríguez

Infantil-Cadete masculina:

  • Iker Fernández Codesido
  • Daniel Pombo Rodríguez
  • Mateo Rodríguez

Absoluta masculina:

  • Alejandro Fernández Rivera
  • Nuno Costa
  • Alejo Ares Prada

Prebenxamín feminina:

  • Laiene Iglesias Castrillo
  • Doha Harazaban
  • María Esporas López

Benxamín feminina:

  • María Fernández Castro
  • Arhane Iglesias Castrillo
  • Sara Rubinos Rubinos

Alevín feminina:

  • Sara Pérez Pallín
  • Uxía Folgueira González
  • Clara López Rodríguez

Infantil-Cadete feminina:

  • Paloma López Moral
  • Carla Vázquez Rodríguez
  • Noa Ulloa Vázquez

Absoluta feminina:

  • María Cedrón
  • Marta Casanova Vázquez
  • Mónica Nieves Fernández