Skip to main content
Monforte

O Concello de Monforte suma outro auto favorable contra Construcciones y Contratas Sánchez

Por 10 Abril, 2022Sin comentarios

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa dun novo auto favorable ó Concello monfortino, en relación coa denominada Zona C, que comprende os terreos localizados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas.

En concreto, trátase do Auto 31/2022 ditado polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Lugo, relación co recurso contencioso administrativo interposto pola empresa Construcciones y Contratas Sánchez S.L. o 22 de febreiro de 2022 contra a resolución do alcalde de Monforte de Lemos na que lle requiría a da Zona C das normas subsidiarias de planeamento sobre as que se aprobou o proxecto de reparcelación de Cobas.

“No seu auto”, informa o alcalde, “o xulgado lle denega a suspensión cautelar solicitada por esta empresa de suspensión do requerimento de desaloxo”.

En concreto, o Auto recolle que “unh vez que se frustrou a medida cautelar de suspensión da execución do proxecto de reparcelación e unha vez que se a súa aprobación faculta á Administración para proceder á ocupación dos terreos, a única posibilidade de proceder á suspensión cautelar da orde de retirada de materiais é que ela en si, non como execución do acordo anterior, implicase unha infracción fragante do ordenamento xurídico. (…) Dado que nin presentou alegación algunha que se circunscriba a este requerimento, a medida cautelar ha se ser rechazada”.

Deste xeito, a empresa terá 15 días para presentar un posible recurso de apelación ante o citado tribunal.

O alcalde amosou a súa satisfacción “por este novo auto que sigue dando a razón ó Concello ante as demandas presentadas por Construcciones y Contratas Sánchez S.L., empresa recentemente perdeu outra sentenza ante este Concello (Auto número 112/2021 do 1 de decembro de 2021), na que a xustiza determinou a prevalencia do interese público fronte o particular da finca propiedade de dita empresa, logo de que establecera medidas cautelares condicionando á empresa á presentación dun aval solidario cuxa contía debería cubrir o importe dos perxuízos da non execución da obra, cifrada en 350.116,75 euros, aval que non foi presentado”.

Daquela, a empresa dispuxera dun prazo de 5 días, logo do cal o aval non foi presentado, aspecto que se recolle na Dilixencia de Ordenación emitida polo citado xulgado, o 11 de xaneiro de 2022: “transcorrido o prazo conferido no Auto de data 01-12-2021, para que pola parte recurrente “Construcciones y Contratas Sánchez S.L.”, constituíra a caución acordada en dito auto, sen que conste feito”.

Así, a Dilixencia daba á razón ó Concello admitindo nun so efecto o recurso de apelación interposto polo Concello de Monforte contra o Auto do 1 de decembro de 2021, e polo tanto, permitindo seguir adiante coas obras xa iniciadas na Zona C, a mediados do pasado mes de xaneiro.
O rexedor monfortino subliña que “seguimos adiante, amparados pola legalidade e pola xustiza, co proceso construtivo que iniciamos a mediados do pasado mes de febreiro para urbanizar e dotar de servizos á Zona C, que comprende os terreos ubicados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas, proxecto que sen dúbida cambiará a fisionomía da nosa cidade”.

Antecedentes
O terreo, denominado “Zona C”, foi calificado como solo urbano non consolidado, polo Pleno do Concello de Monforte celebrado o 12 de abril do ano 2000, fai máis de 20 anos, sendo publicado no BOP de 26 de abril e publicado no DOG de 27 de abril dese mesmo ano. Mediante ese acordo plenario produciuse unha modificación das Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal, que permiten urbanizar esas zonas e poñelas ó servizo da cidade de Monforte.

Para poder levar a cabo esta urbanización, o primeiro paso dado foi levar a cabo o Proxecto de Reparcelación da “Zona C”, desenvolto pola empresa MONSA Urbanismo, e aprobado inicialmente na Xunta de Goberno do Concello, en data 23 de novembro de 2020.

O 9 de decembro de 2020, iniciouse o proceso de notificación ós donos das parcelas afectadas por este proxecto, notificación que foi realizada polos Axentes da Cidadanía do Concello, domicilio a domicilio.

O seguinte paso foi a exposición pública durante un mes, que empezou a contar dende a notificación ós afectados polas fincas que se reparcelan.

A aprobación do proxecto definitivo así como a resolución das alegacións presentadas tivo lugar en Xunta de Goberno deste Concello o pasado 16 de xuño de 2021.

Rematados estes trámites administrativos, dende o Concello procedeuse a elaborar o proxecto construtivo, que unha vez elaborado, foi presentado hoxe polo Alcalde xunto co anuncio da licitación das obras do citado proxecto.

Unha vez adxudicado e contratada a empresa adxudicataria, Misturas Obras e Proxectos S.A. por un importe de 915.225,85 euros (IVE engadido), o Concello iniciou o pasado 18 de xaneiro as actuacións encamiñadas a urbanizar e dotar de servizos á Zona C. O remate das obras está previsto que sexa, se todo avanza segundo os prazos determinados, estímase no verán deste ano 2022.