Skip to main content
MonforteTaboada

Os deportistas do Neka xa están en Corea para disputar o Campionato do Mundo de Taekwondo

Por 18 Abril, 2022Abril 19th, 2022Sin comentarios

Comeza a aventura para os oito deportistas do Neka Monforte Neka Vega que participarán no Campionato do Mundo de Taekwondo, que se disputará do 21 ao 24 de abril

Aitor Teijeiro Elidio, Lucía Roca Rodríguez, Karla Novo Taboada, Laura Álvarez Suárez, Marco García Martínez, Daniel Areán Grejs, Alejandro Losada Rodríguez e Carlos Rey Cuadrado saíron o pasado 12 de abril rumbo ao país asiático onde competirán en seis categorías de modalidade técnica, marcando así un fito na historia do club monfortino, creado en 1996 por José María Vega Sánchez.

Os lucenses clasificáronse no mundial despois de acadar grandes resultados o sábado 29 de xaneiro no Nacional de Combate Absoluto de Taekwondo en Nucía. Nel, participaron 250 deportistas das 18 autonomías.

Chegados a Corea, os deportistas están a desfrutar de adestramentos cun preparador surcoreano que traballa cos campións do mundo. O Mundial comezará o día 21 deste mes e, o 26, comezará a viaxe de volta para os lucenses.