Skip to main content
Monforte

Monforte recupera o concurso dos Maios o próximo xoves 5

Por 27 Abril, 2022Abril 28th, 2022Sin comentarios

O vindeiro xoves 5 de maio o Concello de Monforte de Lemos recupera o tradicional concurso dos Maios. Para elo, a concentración dos Maios e a lectura das coplas será na praza de España ás 17:30 horas.

O Concello recupera así unha actividade que levaba anos sen celebrarse por mor da pandemia. Deste xeito, destaca o Alcalde, José Tomé Roca, “este ano haberá premios a cada un dos concursantes na celebración dos Maios 2022, 75 € por participante. Queremos animar así á participación e que todos os que formen parte desta festa tradicional leven un merecido premio.

As solicitudes para a inscrición no concurso non competitivo dos maios, así como das coplas, deberán presentarse para a súa participación no Rexistro Xeral do Concello de Monforte. O último día de presentación das mesmas será o 4 de maio antes das 14:00 h.

BASES

Poderán participar no Concurso tódolos monfortinos que o desexen, e o tema tratará sobre calquera tipo de Maio.

Os Maios sairán a percorrer as rúas da cidade libremente e xuntaranse na Praza de España ás 17:30 horas, onde se interpretarán as coplas.

O xurado valorará a imaxinación, a idea, a estética, a orixinalidade e os materiais utilizados. Os premios serán por participación e terán todos unha contía de 75€.

Os aboamentos dos premios serán tramitados polo Concello de Monforte de Lemos, a través dunha transferencia bancaria. Previamente será necesario a presentación do certificado bancario cun número da conta do titular. Non poderá realizarse o pagamento do premio mentres o beneficiario non se atope ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias ou coa seguridade social ou sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro.

As solicitudes para a inscrición, así como as coplas deberán presentarse para a participación no concurso no Rexistro Xeral do Concello de Monforte. O último día de presentación destas será o 4 de maio antes das 14:00 h.