Skip to main content
Monforte

Amparo Escrich dará un taller de cerámica no Ateneo Casino de Monforte

Por 28 Abril, 2022Abril 30th, 2022Sin comentarios

A ceramista Amparo Escrich ofrece este sábado30 de abril no Ateneo Casino de Monforte o taller ‘Crea o teu conxunto de almorzo’.

As persoas participantes poderán crear o seu propio conxunto personalizado de cunca, prato e culler. Para facelo, aprenderán diferentes técnicas para traballar o gres así como para decorar as pezas.

Unha vez creadas, pintaranse con pigmentos cerámicos e serán sometidas a unha dobre cocción para que poidan usarse como peza culinaria.

O obradoiro durará tres horas, este sábado pola tarde de 17 a 20:00 horas. O custo é de 20€ para socios do Ateneo; 23€ para non socios. O prezo inclúe todo o material. Non é necesario ter experiencia previa.

As prazas son limitadas. Para reservar hai que contactar co Ateneo no teléfono 648 435 033.
Amparo Escrich Albentosa é oriúnda de Valencia, aínda que actualmente reside na Comarca de Lemos. Ten máis de 20 anos de experiencia como ceramista. Ten impartido talleres desta arte en asociacións culturais, varios colexios de Lemos, así como en cursos organizados por Artesanía de Galicia.