Skip to main content
Pantón

A Semana Santa atraeu aos visitantes e turistas ao Concello de Pantón

Por 20 Abril, 2022Abril 21st, 2022Sin comentarios

Durante esta Semana Santa o Concello de Pantón foi un dos núcleos turísticos máis visitados. A Ribeira Sacra está nun punto de auxe que atrae aos visitantes e aos peregrinos dada a súa beleza paisaxística e o patrimonio cultural do mesmo.

Durante este período vacacional pasaron polo punto de información turística do Concello de Pantón, 190 usuarios.

As visitas ao Mosteiro Cisterciense do Divino Salvador, neste período foron 362. Nas visitas de Mais que Romanico achegáronse a Pantón 30 persoas interesadas no patrimonio.

O perfil máis habitual dos visitantes foi dunha persoa de entre 25 e 55 anos que viaxa en familia e procede principalmente de Galicia, seguida de visitantes de Madrid e Cataluña.

O Concello de Pantón agradece a visita de todas aquelas persoas que decidiron nestes días visitar Pantón e pasar o seu tempo de lecer no municipio.

A Oficina de Información Turística presta atención de luns a mércores de 10.00 a 20.00 horas e xoves, venres e sábados de 10.00 a 14.00.