Skip to main content
Pantón

Aberto o prazo de inscrición para a Batalla de Grupos do Trece Roeis Fest de Pantón

Por 22 Abril, 2022Sin comentarios

Aberto o prazo de inscrición para a Batalla de Grupos do Trece Roeis Fest de Pantón. A batalla de grupos Trece Roeis celebrarase o 16 de Xullo de 2022, co fin de promover, impulsar e difundir a música independente galega e en galego de calquera estilo, onde destaque a orixinalidade, innovación e fusión dos temas.

Está organizado pola Asociación Cultural “Os Trece Roeis” e está dividido en 2 fases. As inscricións levaranse a cabo dende o día 11 de abril ata o 23 de maio. Nesta fase realizarase unha selección de 8 bandas/grupos segundo o criterio do xurado profesional. Os seleccionados publicaranse nas redes sociais do Trece Roeis Fest (Facebook, Instagram e Twitter) o día 3 de xuño de 2022. E a fase final onde se elixirá mediante sorteo, o cal se celebrará previamente. Dito sorteo e a orde de actuación colgarase tanto nas redes sociais. Os concertos comezarán ás 15.30 horas, dispoñendo cada grupo dunha actuación de 30 minutos.

O gañador da Batalla de grupos Trece Roeis e o segundo e terceiro clasificado daranse a coñecer ese mesmo día, despois do veredito do xurado

Despois da primeira edición de 2019 e das críticas positivas recibidas tanto polo público coma polos grupos e xurado, os organizadores do Roeis Fest volven poñer en marcha a Batalla de Grupos. Con esta actividade buscan apostar polos grupos máis humildes e darlles a posibilidade de que teñan neste certame unha posibilidade de darse a coñecer e mostrar que as gaiteiras, os tamborileiros ou as cantareiras seguen moi vivas en Galicia.

Esa mistura de xéneros faino tan singular que fai que sexa un concurso único en Galicia, xa que se poden ver bandas que van dende o folk, rap, metal, rock, heavy, hip-hop, etc…todo ten cabida, só baixo a premisa de cantar en galego.

Na edición do primeiro ano xa se puido disfrutar desa variedade, sendo cada un dos finalistas dun xénero distinto (Folk, Rock, Metal e Popular). Serán de novo 8-10 bandas as que non deixarán parar de brincar e bailar todo o día.