Skip to main content
Pantón

Pantón reforzará as medidas para evitar as infraccións urbanísticas no municipio

Por 30 Abril, 2022Maio 1st, 2022Sin comentarios

A Xunta de Galicia e o Concello de Pantón acordaron reforzar a súa colaboración para evitar calquera infracción urbanística neste municipio da Ribeira Sacra.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, Jacobo Hortas, e o alcalde, José Luís Álvarez, mantiveron un encontro de traballo, no que tamén analizaron os expedientes pechados pola APLU e resolveron as dúbidas trasladadas polo rexedor. Hortas indicoulle que tamén os técnicos da Axencia están a disposición do alcalde, e do equipo municipal, para resolver e atender as consultar relativas á disciplina urbanística, co fin de dar resposta ás dúbidas e inquedanzas dos cidadáns e da Administración local, co obxectivo de evitar calquera incidencia ou infracción nunha zona tan sensible, como é este municipio integrado na zona lucense da Ribeira Sacra.

Asemade, lembrou que a APLU organiza actividades formativas e informativas que poden ser de interese para os membros do Concello, que —ademais de actualizar a súa formación neste eido— poden coñecer experiencias similares noutros territorios e abordar consultas para as necesidades detectadas no seu termo.

O director da APLU recordou que Pantón é un dos 91 concellos galegos adheridos á APLU e, neste caso concreto, desde hai case unha década.