Skip to main content
A Pobra do Brollón

Os alumnos da Pobra do Brollón estrean parque e hortos escolares

Por 6 Abril, 2022Abril 7th, 2022Sin comentarios

Os nenos e nenas do colexio da Pobra do Brollón contan cun patio renovado, grazas á colaboración conxunta de Concello e CEIP que investiron na mellora das infraestruturas para que os máis novos poidan desfrutar do tempo de lecer nas mellores condicións.

Por un lado, os/as máis cativos/as teñen un novo parque infantil, xa instalado no patio para o seu uso e gozo co que poderán reforzar as relacións sociais entre os alumnos.

Por outro lado, o Concello encargouse de acondicionar un horto escolar e invernadoiro que promove o seu coidado e o fomento do consumo de produtos naturais para conseguir un mellor estado de saúde.

O CEIP da Pobra do Brollón ofrece educación infantil e primaria, conta son servizo de biblioteca, e na actualidade con hortos escolares. Leva máis de 49 anos no sector, dende o ano 1973.