Skip to main content
A Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón: Ruta da castaña e do mel

Por 15 Abril, 2022Abril 16th, 2022Sin comentarios

Ruta circular de 11 quilómetros nas que se cruza un souto, se visita un sequeiro e se verán un par de alvarizas. O tempo medio é de 3 horas 20 minutos.

Este sendeiro circular levará aos participantes dende a aldea de Salcedo ata o Souto de Paramedela, bordeando o val do río Lor e do río Loureiro.

Comezarase camiñando polos arredores de Salcedo e pronto se introducirán por unha ampla pista de terra. Ao pouco chegarase a unha bifurcación onde se poderá elixir por onde seguir. De continuar pola dereita, camiñarase por unha pista similar sen apenas desnivel entre pradarías e árbores de reforestación e autóctonas. Un quilómetro mais adiante, comezarase un importante descenso ata o fondo do val do río Loureiro, e desfrutarade dunhas fantásticas vistas panorámicas sobre o val do río Lor e do río Loureiro. Especialmente boas son as vistas dende o miradoiro da Pena dos Pasos.

Continuarase o descenso ata cruzar o río Loureiro por unha ponte de madeira e chegarase despois ata o souto de Paramedela, xestionado pola Xunta de Galicia. Aquí atópase un antigo sequeiro restaurado cuxo interior é posible visitar. Continuarase a ruta, esta vez ascendendo, ata chegar a bifurcación co antigo camiño de Paramedela, por onde se camiñará a partir de este punto. Este camiño leva a media ladeira da montaña e introduce pouco a pouco entre as árbores típicas da zona, os carballos e os castiñeiros. Mais adiante chegarase de novo á bifurcación inicial da ruta e só quedará desandar o camiño ata o punto de inicio onde finalizará a ruta.