Skip to main content
A Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón acollerá a May e Lily para falar das alternativas de vida no rural

Por 25 Abril, 2022Sin comentarios

O vindeiro xoves 28 de abril os veciños da Pobra de Brollón coñecerán o proxecto ecolóxico de Tanquián, orixinado hai tres décadas no municipio de Pantón. Unha comunidade que xestiona unha Ecogranxa, baseada na Permacultura.

May e Lily da segunda xeración de Tanquián estarán na Pobra de Brollón para ofrecer a información que os asistentes soliciten. Ademais de escoitar sobre o seu traballo na evolución do proxecto, tamén poderán coñecer e probar algúns dos produtos que elaboran.

A charla xirará en torno á soberanía alimentaria, a comunidade e as alternativas de vida no monte.

Xoves 28 ás 20:15 na Casa da Cultura. O acceso é libre, previa reserva por chamada ou whatsapp no teléfono 650 624 828.

Esta será unha oportunidade para aqueles curiosos ou interesados nun modelo de negocio que propicie e manteña valor turístico, económico e sostible na zona, aproveitando os recursos naturais da Ribeira Sacra e sacándolle partido as zonas rurais.