Skip to main content
Quiroga

A quiroguesa Luz Moscoso estreou a súa mostra na casa da Cultura da vila

Por 3 Abril, 2022Sin comentarios

Inaugurada na sala de exposicións da casa da Cultura unha mostra da obra pictórica da artista local Luz Moscoso.

Nesta exposición, Luz Moscoso (Quiroga, 1967) toma como punto de partida fotos realistas de figuras humanas, animais e cadros clásicos. Sen abandonar o compoñente figurativo orixinal, transfórmao con técnica informática e posteriormente plásmao en impresión glicée sobre lenzo.

O resultado desta técnica non evoca a súa orixe fotográfica, senón que é eminentemente pictórico. Algúns cadros superpoñen técnicas mixtas clásicas a este proceso.

Trátase dunha obra en pequeno formato, aínda que a artista desenvolve tamén outra liña de traballo, pintura en formato grande e orientada á abstracción.

A exposición que se inaugura ás sete da tarde, poderase visitar durante todo este mes de abril.