Skip to main content
Quiroga

A Festa de exaltación do viño de Quiroga empeza hoxe sábado 16

Por 16 Abril, 2022Abril 17th, 2022Sin comentarios

A XL Feira do viño de Quiroga comezou a súa celebración o día 15 de abril, esta cita estenderase durante o sábado 16 e domingo 17 na vila da Ribeira Sacra.

Desta forma, o venres tivo lugar unha cata de viños comentada polo enólogo Juanjo Figueroa e os veciños puideron desfrutar dun concerto do Grupo Bafana na rúa Real.

No día de hoxe, sábado 16, terá lugar o concurso de camisetas, tamén será a quenda do Recital Cultural de Tradición Oral. Ás 11.30 será o Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, ás 11.45 o Conselleiro de Medio Rural José González Vázquez inaugurará o recinto feiral.

Pola tarde, haberá unha actuación do Grupo de Gaitas “O Recanto”, o pregón será ás 20.30 a cargo do actor Iván Sánchez. Ás 21.00 horas terá lugar a entrega de premios do Concurso de camisetas e a continuación actuará o grupo Atenas.

O domingo 17 haberá alborada e animación a cargo do grupo de gaitas o Recanto, ás 12.45 será a entrega de trofeos aos adegueiros no Concello. Ás 17.00 os máis pequenos poderán desfrutar do espectáculo de animación infantil e familiar “Rufina e Benito” a cargo de Troula Animación e ás 18.00 horas será a actuación da Charanga “Louband”.

As adegas participantes nesta cita son Alma das donas, Algueira, Atrium Vitis, EDV 2015, Fructuoso-Hobbs, Lar de Ricobao, Ponte da Boga, Purificación Díaz Ferreiro, Rectoral de Amandi, Terrazas de Outeiro e Val de Quiroga.