Skip to main content
Quiroga

Mesón Escaleira gañador do X Concurso de tapas de Quiroga

Por 21 Abril, 2022Abril 22nd, 2022Sin comentarios

Mesón Escaleira con “Filloas recheas con sabores da terriña” foi o gañador do X Concurso Quiroga de Tapas que se desenvolveu entre o 6 e o 15 de abril. Esta mañá abríanse na casa consistorial as urnas nas que estaban depositados os tapacartóns co nome dos establecementos votados polos participantes. 41 votos foron para o establecemento gañador, seguido moi de preto polo Mesón Ferreiriño, con 37 votos.

Os encargados do reconto de votos e de comprobar que todos os cartóns estivesen debidamente selados, foron o concelleiro de Xuventude, Luís Manuel Arias, e a delegada na zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), Beatriz Vila, acompañados do alcalde de Quiroga, Julio Álvarez.

Nove eran os establecementos inscritos nesta edición que contou cunha numerosa participación, 223 tapacartóns debidamente cubertos. Os participantes que votaban a súa tapa favorita tamén tiñan que poñer os seus datos persoais e era importante que estes datos fosen completos e lexibles posto que todos os tapacartóns entraron nun sorteo.

Os premios para os participantes eran numerosos: 300 € en metálico, unha estancia, cea e almorzo para dúas persoas en Hospedaje Ferrería Quintá (Quiroga), un paseo a cabalo para dúas persoas en Hípica Os Trancos (Monforte de Lemos), dous bonos regalo para dúas persoas cada un de visita guiada e degustación de dous viños da D.O. Ribeira Sacra en Bodegas Regina Viarium (Sober), xantar ou cea para dous no Grelo (Monforte de Lemos), menú de mediodía para dous de luns a venres no Rego Gastrobar (Quiroga), un menú cerrado de carne á pedra para dúas persoas en Cervecería Chamouco (Bóveda), un bono regalo de 25 € para unha comida ou unha cea en Os Pendellos (Chantada), brunch para dous na Casa Estanco (Quiroga), cea para dous na Botica (Quiroga), e cestas con produtos típicos da zona: Aceiroga, Atrium Vitis, Caurelor, Casa de Outeiro, Deiki, EDV 2005, Lar de Ricobao e Rego Natura.

E como remate do sorteo o concelleiro de Xuventude e a representante da APEHL desprazáronse ata o establecemento gañador para entregarse unha placa conmemorativa e 100 € en metálico.